I. QUE QUERES QUE CHE CONTE?

17 3 6
                                    

Que queres que che conte a ti, miña terra querida?

Si me fun dos teus lugares pra ver onde é que me vía.

Afora encontrei xente,

diferente e de bon ser

Si é que falaban de ti

non sabían que diser.

E é que a pesar de grande e fermosa

eres tamén descoñecida,

non todos saben de ti

o que se debería.

Dime, a ver, que ques que che conte?

Aquí todos falan do bon que é non sei que sitio,

de tódalas cousas que ten pra ver.

E ti aí nunha esquina,

agochada, escondida,

pasando desapercibida.

Non lembran que eres bonita, forte e máxica?

Lugar de historias e culturas,

de contos e feitizos,

de lonxevas tradicións...

Terra vella e mal tratada,

non lle fixeches mal a ninguén

e mira como de ti falan.

Así que, que queres que che conte nena?

Os que en ti naceron, quérente.

Entón, e suficiente.

Si os demais non saben verte

que aprendan a mirar.

Si os outros non queren verte...

Iso e cousa deles.

You've reached the end of published parts.

⏰ Last updated: Oct 17, 2018 ⏰

Add this story to your Library to get notified about new parts!

Pensamentos dunha mente inquieta (Galego)Where stories live. Discover now