TERROR EXPRESS

14 0 0
                                    


Escrito por Ainhoa Escarti

Traducido por Regina Díaz


Xogos esquecidos

Xogaba cos cranios baleiros, coma se se trataran de cáscaras de noz batendo uns contra os outros. Facía tempo que perdera o interese, agora nada lle satisfacía. Quedaba horas mirando a súa colección de caveiras.

Aqueles osos perdurarán, eu perdurarei. – Acostumaba pensar-.

Sen darse conta pasou séculos encerrado coma un ancián anacoreta. Tanto pasou encerrado que esqueceu como era ser humano. Todo o que non fora el mesmo asemellábaselle a algún evento onírico que o distraera xa facía moito tempo...A realidade de fóra e a de dentro esfumábase na súa néboa de tedio e séculos xa mortos. Unha mañá alguén chamou á porta. El escoitaba o ruído de fondo pero non sabía como responder, esquecera as condutas.

Cando espertou ao anoitecer descubriu que o golpe fora froito dunha humana. Viuna alí cunha beleza eterna e carnal, pero finita. Recorreu aos seus libros. Paso a paso, grazas a eles, volveu aprender todo o desaprendido, o esquecido, todo o murcho polo tempo. As palabras ao principio brotaban coma a mexada dun vello, algunhas veces a gotas, outras a chorros ata que logrou normalizalas. Ela levaba xa varias semanas investigando o lugar en ruínas e deteriorado pola podremia. Unha noite empezou a ver que as cousas se ían reconstruíndo, que incluso alguén en segredo, entre sombras a atendía para que non lle faltara de nada. Pasadas outras semanas, unha noite el acudiu á súa cama con fame, con sede, con ganas. A xeoloxía humana sempre fora o seu e coñecía capa a capa todo o que lle debía. O seu pecado nunca fora a ignorancia. Acercouse a ela uliscando as súas roupas, o seu alento, o seu cabelo moreno. Sorprendeuse de ver o peluxe encarnado da súa pube, recordou o vermello das cousas esquecidas, dunha trabada arrincoulle a cabeza e volveu encontrar o sentido á súa colección de caveiras.

No silencio da fraga

Ao lonxe víanse os paxaros voando, case non se lles escoitaba. Ela camiñaba entre o arboredo e o río. De vez en cando pateaba algunha pedra e seguía coa mirada tentando adiviñar onde ía ir parar. Os paxaros cambiaron o seu rumbo drasticamente, ela mirounos e non se sorprendeu. No río o silencio mantívose, as follas das árbores permanecían quedas. De súpeto un murmurio no oído dela espertouna por un segundo para despois deixala desvanecer na areíña do camiño. "Plof", fixo o seu corpo contra a terra. De novo un murmurio dicía o seu nome:

"Laura"

A voz cálida soaba con certo acento estranxeiro antigo. Abriu os ollos. Viu a unha seca rapaza de pelo acibeche e estraños ollos violeta. Tentou soltarse e recordou aquilo que tantas veces lle dixera súa avoa. Cando notes a nada na fraga, cando os paxaros fuxan, voa máis rápido ca eles.

O mollo

Descubriu que ningún manxar era máis apetitoso ca aquel mollo de cogomelos que probara. Tentou imitalo, descubrir como o fixera, pero pese ao seu fino nariz, emulalo tornárase unha epopea. Deixou de comer, cociñábao unha e outra vez, unha e outra vez pero o sabor non viña. Levado pola desesperación tentouno por última vez. Todo se acabou de estragar cando o rozar dun nervioso coitelo fixo que unha gota de sangue de deslizara ata parar no prebe. Xustamente cando foi lamber a ferida, viuno. Conseguira aquel mollo. 

A última cea

Mirouse no espello detidamente, estaba impecable para a súa cita. Ía ben de tempo e ela non chegaría ata dentro de media hora. Decidiu facelo todo metodicamente lento, revisou que non quedaran lixos de po, que todo estivera no seu sitio, milimetricamente calculou que todo fora máis que razoablemente perfecto. A cea estaba case preparada, as súas receitas favoritas relucían perfectamente nos pratos. Chegou ela de pelo rubio e pescozo longo, ulindo a xasmín impecablemente vestida e aseada. A aparición foi tal e como el pensaba. Durante a comida el mirábaa detidamente deleitándose na fermosura das liñas cóncavas e convexas que a formaban. De súpeto, detívose na súa camisa e viu unha mancha de sangue, non puido remedialo non podía deixar de mirar os seus vermellos beizos e a súa vermella mancha. Xa non escoitaba o que ela dicía, agora só miraba a ridícula mancha vermella. Levantouse airado tentando manterse en calma e a mancha perseguíao aínda que non a tivese diante. Ao tornar á mesa viuna aínda máis grande. El indicoullo. Ela sen darlle maior importancia asiu un pano de mesa e rematou o nacemento do sangue, un pútrido gran no peito. El non podía deixar de mirala con noxo. Foi á cociña e trousou a comida, estaba suando, custáballe respirar, sentíase mareado, semellante imperfección convertíaa nun ser nauseabundo coma se se tratara dalgún monstro deforme. Ela acercouse por detrás e el sorprendido creou outra mancha sanguenta sobre a blusa dela. Coidadosamente extirpoulle o gran, nunca máis o vería.

Terror expressWhere stories live. Discover now