bonus track

83 11 4
                                    

-Meigas e bruxos- pronunciaba Raoul, xa no remate da obra.

-Serpes e corvos- seguíuno Agoney.

-Trasnos e fadas- dixo o loiro, pois neste conxuro final ían alternando os versos.

-Pantasmas e morcegos.

-Mortos e vivos.

-Sempre lembrade.

-Que a finais de Outubro.

-Castañas no chan.

-Xabaríns a voltar.

-Lume nos fogares.

-Esbeltos feitizos.

-En Galicia.

-O Samaín perdura.

Ambo-los dous votaron a rir maliciosamente, o que fixo que as luces do teatro voltaran máis escuras e que do caldeiro no que o feitizo fixeron saíran charamuscas vermellas.

Os magos riron máis forte e tras un último berro:

-En Galicia o Samaín perdura!

Baixou o pano e á vez que os aplausos do público sacudían dun temblor o teatro no que esa obra tan escalofriante tivera lugar hai un anaco, dende o teito de xeito máxico caían colares de castañas como agasallo ao público.

************************

Que non se perdan os costumes.

Agora sí, feliz Samaín🌰🍂🎃

Lémonos🫶🏻

ragoney headcanons✨Where stories live. Discover now