XIV

17 2 0
                                    

O local era escuro, o fume do tabaco e o cheiro a alcohol enchía todos os recunchos deselugar de mala morte. Os homes rían ante os insunuantes bailes das meretrices que vagabandun lado ao outro expoñédose a todos aqueles pérfidos ollos. Uns quedaban a beber, outroseran collidos pola man por unha desas mulleres ás que lle farían todo aquilo ao que senegaban as súas esposas. Mentres que eles entraban a un lugar máis privado, saían de aíoutros extasiados colocándose os pantalóns, ao mesmo tempo ca unha desas mulleres, quelevaba bágoas nos ollos e unha marca escura no pescozo por coiar e outra na cara pormaquillaxe. Sentaban os varóns nas mesas a contarlles aos seus camaradas as fazañas querealizaran naquel habitáculo. Era un ambiente opresor cunha ecuación na que non entraba arazón. Os impulsos eran o que primaba, coma bestas en celo, incapaces de controlar osseus instintos, os ollos dalquel xénero que se consideraba superior recorrían a beira, e o quenon é tan beira, dos corsés das rapazas que se inclinaban cara eles.

Nese antro perdido nos limes da vila case non había fiestras, e as que había estaban sucias,mais non tanto como os corazóns dos varóns que había no seu interior. Nunha desasxanelas asomaba o rostro dunha das mozas da vila, mais non era unha moza calquera, nonmeu bo señor, era a filla do cacique, un home coa alma máis negra co carbón. E alí estabavestida de branco como a pureza mesma ollando a través daquela fiestra ás meretrices aotempo que maldicía a todos eses homes pola súa condición, odiando ao seu pai e máis a seuirmán pola forma en que trataban aquelas mulleres, horrorizada por eses comportamentostan carnais, mais sen poder desviar a vista dese panorama. En medio de todo esaculpabilidade e ese pracer prohibido que lle xeraban eses movementos tan medidos, alguénse percatou da nosa furtiva. A pureza deuse conta e tamén cravou os seus ollos nela.Semellaron pasar horas mentres se estaban mirando, ningunha se atrevía a mover unmúsculo que as delatasen. A filla do cacique non podía crer o que vía, por que sentía queperdía a razón? Pode que fose pola súa pálida e aparentemente suave pel, polos seus olloscor avelá ou tal vez pola intelixencia e astucia que semellaba posuír. Mentres, dentro dolocal, a meretriz ollaba a rapaza mentres tamén se delimitaba a súa razón, en medio daescuridade da xanela, do local e da noite fechada, parecíalle que mesmo era unha estrela ouun faro. Porén, a rapaza botou a correr e toda esa sensación se transformou nun recordoomnírico que recuperaría cando tivese que fuxir dos actos que se farían dentro daquelhabitáculo.

Pasaron as noites, e a meretriz ollaba sempre aquela fiestra querendo averiguar se tan só foiproduto da súa imaxinación ou se de verdade existía un ser así. Na súa casa, a nosa rapazaollaba ao teito recordando a mirada daquela muller facendo que subise as súas meixelasunha profunda cor vermella que era se acompañaba por unha respiración axitada. Seríacousa dun soño ou de verdade existía un ser así naquel lugar de mala morte? Como se fose obra dun improbábel destino, unha tarde andando pola vila xunto con seu pai,a rapaza atopou nunha esquina a aquela muller, porén non podía nen mirala, era un froitoprohibido. A meretriz decatouse da súa presenza aproveitando que estaba acompañada polocacique, observouna disimuladamente. El, crendo que esa mirada chea de desexo ía dirixidaa el, deuse por aludido e xa a pediu para aquela noite, intre que aproveitou a rapaza paraexaminar a causa da súa desrazón con rapidez. Cando se ían alexar, de maneira disimuladaa muller rozoulle a man a rapaza conseguindo un suspiro pola súa parte, xa estaba firmada asentenza.

 Os días pasaban e aquel contacto case imperceptíbel seguía grabado na man de ambas.Coma un segredo inconfesábel gardaban os seus sentires para cando estaban a soas,meditando en cal sería o nome da outra. Todas as súas dúbidas disipáronse nunha noite moisemellante á de hoxe. Unha vez máis a rapaza foi espereitar pola xanela o interior daquelantro, mais desta vez sabía o que buscaba, poder vela outra vez sería o maior tesouro quese lle podería conceder, ver aínda que fose de pasada eses ollos de cor avelá que inundabana súa mente. Alí estaba ela, como a primeira vez que a viu, e como naquela ocasión elafixouse naquela xanela. Sen agardar un instante saiu ao exterior tentando que ninguén sepercatase, onde naquela noite fechada había unha única estrela ao seu alcance. Cun cilindromortal na boca achegouse a rapaza quen facía todo o que estaba na súa man para disimulara súa entrecortada respiración. Semellaba que o corazón lle ía saír pola boca, mais antes deque poidese acontecer iso a meretriz posou nos seus beizos o cigarro ao tempo que rozabalevemente a súa meixela. A rapaza, que nunca fumara, non puido evitar que os pulmónsprotestasen facéndoa toser. Ante a posibilidade, agora maior, de que as descubrisen a mullercalouna pousando os seus beizos sobre os dela, matando ademais da tos, todo vestixio derazón que perdurase nalgunha das dúas. A falta de aire obrigou a separarse, non dicían nenunha palabra, o silencio tan só era contaminado polas oscenos sons do interior do local epolas súas axitadas respiracións, que se podía dicir nun intre así? Que podía ser tanimportante como para arriscarse a poder ser escoitadas? A filla do cacique comezou atremer, se alguén se enteraba do sucedido agardaría un destino pior que a mesma morte,porén, por que eles podían actuar como animais e ela non podía disfrutar dunha condicióntan pracenteira? Era o pracer tan indescriptíbel por ser prohibido? En medio das súasmeditacións os beizos desa meretriz vólvena interromper, oh, meu bo señor, se algunha vezperdeu a cabeza seguro que non se compara ao que sentía a rapaza naquel momento,sentía aqueles labios acostumados as carencias de amor sobre os seus, porén, desta vez,estaban cheos de desexo, ao igual que as súas mans que aumentaban a temperatura da fillado cacique a medida que a recorrían ata empezar ascender polos seus muslos. Comodespertando dun soño, a rapaza escapou deses brazos que desexaban colmala de pracer ebotou a correr deixando á meretriz apoiada contra a parede. Suspirando veu como a súaestrela corría lonxe dela, maldecindo pero sobre todo dando grazas ao seu gran control,quen sabe o que lle poderían facer se se descobría cal era o desexo asolagado queagochaba. Tristemente non se deu conta de que non eran as únicas en escena, tan só odescubriu cando uns brazos a apresaron.

Como unha fuxitiva, a rapaza evitaba a luz que había nas rúas mentres se percataba do seucrime, crime que sabía que non podería evitar, era unha froita prohibida á que non sería quende resistirse. Odiaba tanto nese intre a súa conciencia e a súa covardía que lle impedíarebelarse, por que non continuou con aquel ritual que rozaba o divino? Por que limitalo aunha paixón agochada na escuridade e non fuxir para amarse a luz do sol aínda que fose naintimidade? Esa noite non puido durmir e oíu chegar aos homes da casa, no entanto, destavez había algo distinto no ambiente. Uns gritos ensordecedores atravesaron a que prontodeixaría de ser noite. Meu bon señor, non sei se debería contarlle o que aconteceu despois,foi algo espantoso, facerlle iso a unha filla, merece moito máis que o inferno! Pobre rapaza,logo as súas pernas case non eran nen súas, e a súa cara estaba preto de ser irrecoñecíbel.Case sen poderse sosterse e aínda así arrastrouna máis alá daquel burdel para amosarlleonde e en que estado estaba a súa amada. Con que palabra se describe aquilo que estámoito máis que morto? O seu pai gritaba e collía a cabeza da rapaza para obrigala a veraquela barbarie, porén non escoitaba nada. Non sabía nen como se chamaba. Por que seabandoara aos seus impulsos e non lle preguntou nen tan sequera o se nome? A pesar dasúa condición de meretriz, a pureza que esa muller lle inspiraba tan só podía ser propia dunser de luz.

Que lle aconteceu a filla do cacique? Ninguén do pobo se enterou dese desliz tandesafortunado da rapaza, o cal fixo que cando se suicidou resultase incomprensíbel ata polapropia familia, agás o pai. En cando a prostituta todos pensaron que algún cliente se pasarade intenso, sospeitábase dun estudoso da vila que tiña unha certa inclinación cara as obrasdo marqués de Sade.

Chegaste ao fim dos capítulos publicados.

⏰ Última atualização: Sep 26, 2022 ⏰

Adiciona esta história à tua Biblioteca para receberes notificações de novos capítulos!

Fariña negraOnde as histórias ganham vida. Descobre agora