XI

39 7 0
                                    

A escuridade inundaba o lugar mentres que o frío se introducía con gran mestría ata o máis profundo de cada óso provocando un intenso malestar. As cadeas apretábanme e deixaban a miña pel en carne viva, ao principio era moi doloroso, pero co tempo deixei de sentir. A uns escasos metros de min, durmía a besta infernal que ameazaba constantemente con despertarse en calquer intre. O meu corpo non era capaz de deixar de tremer, o medo e o frío facían unha combinación letal que inutilizaba calquer intento de escapar daquel noxento lugar. Quería saír daquel inferno, pero non era capaz, o meu corpo non me obedecía, tan só era unha destrozada boneca de trapo. Tentaba gritar para pedir axuda, pero as miñas cordas vocais  foran erosionadas polo tempo e o silencio e agora xa non había xeito de recuperalas. A besta comezouse a mover, estaba despertando e eu aínda seguía alí atrapada como unha mosca nunha telaraña. Non quería que todo acabase así, pero non podía facer nada. Bágoas de impotencia, e pode que tamén de tristeza, empezaron a esbarar sen descanso polas miñas pálidas meixelas. A besta abriu os seus azuis e grandes ollos. A súa vista recorreu todo o escuro habitáculo ata acabar pousándose en min. Levantouse lentamente, parecía que estaba cansado. As súas negras patas semellaban poder aplastarme nun segundo se así o quixese, pero a besta non quería iso, non, quería facerme sufrir aínda máis. Paulatinamente acercouse coas súas fauces abertas cara min e sen poder evitalo abraceime a min mesma esperando a chegase o doloroso final, aínda que tal vez iso era o mellor.

Fariña negraWo Geschichten leben. Entdecke jetzt