II

145 17 4
                                    

O vento zoaba con forza. Todos camiñabamos en silencio pola vereda. Ninguén se atrevía a abrir a boca en presenza do capitán. O ceo estaba negro como o carbón e as árbores mofábanse de nós creando a bestas terroríficas. As botas enterrábanse na lama. O frío inundaba cada poro da miña pel provocando unha loita entre as duas fileiras de dentes. O capitán xirouse ata quedar frente a min. Non lle fixo falta dicir ningunha verba para que o frío fose substituído polo medo e para que os meus dentes pactasen unha tregua. Non sei canto tempo andamos antes de chegar ata aquela difurcación do camiño. O rastro que levábamos seguindo dende o principio dividíanse en dous. Sen abrir a boca o capitán díxonos polo sendeiro que tiñamos que ir, e como uns cans ben adestrados obedecémolo. O ceo xa comezaba a clarexar cando seguín ao capitán pola vereda esquerda. Pareceume que as árbores deixaron de lado a súa misión de asustarnos e o vento de tocar unha escura melodía. Todo se sumiu nunha harmonía inquebrantable, sen embargo eu non podía encontrarme nun estado de tensión maior. Os meus dentes esqueceran toda desputa do pasado e apretuxábanse uns contra os outros como os piñóns dunha piña. A cada paso que daba e miraba aos meus compañeiros máis similitudes encontraba entre nós e a Santa Compaña, sempre anunciábamos a chegada inevitable da morte. O capitán freouse en seco. Isto non indicaba nada bo. Máis furioso que canso, alzou o seu fusil cara o ceo e pegou varios tiros, logo sentouse a esperar. Ninguén se moveu nin un centímetro. E alí estaba el, sentado no chan, agardando como o astuto raposo pola presa. Minutos despois amosou un sorriso na súa cara, acababan de chegar os namorados fuxitivos. Corrían desesperados ata que se percatoron do que sucedía. Os seus rostros inundáronse dun profundo medo. Se tan só seguisen correndo ignorando os tiros. O capitán señalounos a Marcos e a min. Xa sabíamos o que tiñamos que facer. Puxémolos contra duas árbores. Nelas encontrábanse uns paxaros en calidade de espectadores. O fusil non se mantiña quieto nas miñas mans. Mirei cara Marcos, xa estaba apuntando e o máis preocupante era que na súa mirada non había nin un chisco de vacilación. Eu non quería disparar, pero a pesares disto os paxaros botaron a voar.

Fariña negraWhere stories live. Discover now