VI

70 9 4
                                    

O arrecendo das dulces flores impregnaban o oscuro habitáculo proporcionándolle un pequeno soplo de optimismo. As cortinas color pastel bailaban ao compás marcado pola suave brisa que se colaba timidamente entre a case imperceptible abertura da fiestra. Unha das esquinas da habitación estaba ocupada por unha vella butaca negra toda raída, os seus posabrazos eran de buxo mancillado por miles de buracos que as termitas non dubidaron en facer. Ao carón desta butaca, había unha pequena estantería chea de libros manoseados e medio destrozados cubertos por unha grosa capa de po. O somier de ferro oxidado chirriaba cando se revolvía na cama. A ambos lados tiña dúas mesiñas con tres caixóns cada unha. A da esquerda faltáballe o pomo no segundo caixón, a da dereita tiña unha fenda que atravesaba de punta a punta a súa parte superior. Sobre esta, estaban as flores nun intento inútil de disimular este defecto. Na cama, encontrábase a rapaza feita un ovillo e tapada ata as orellas pola única manta que tiña tentando manter o seu calor corporal. O seu corpo tremía por culpa do frío que a invadía. Os seus ollos tentaban descifrar todas as sombras que cría ver pola funesta habitación. Contendo a súa respiración pareceulle que unha daquelas monstruosas figuras que a rodeaban acercábase paulatinamente cara ela como a morte que se cerne sobre un ser vivo dende o principio da vida. A rapaza, aínda máis asustada, cubriuse por completo coa manta. Comezou a tremer con máis virulencia ca antes, provocando un forte e continuo chirrido do oxidado somier. A sombra seguía acercándose. A manta empezou a esbarar lentamente polo corpo da rapaza deixándoa descuberta, mentres que ela cerraba os seus ollos fortemente tentado negar o que estaba sucedendo. Unhas pequenas bágoas baixaban polas súas vermellas meixelas como unha gota de chuvia nunha folla. A sombra acariciou suavemente o rastro que debuxaron polas meixelas da rapaza que pouco a pouco comezaron a perder a vitalidade que sempre as caracterizou.

Fariña negraOnde as histórias ganham vida. Descobre agora