VIII

86 9 6
                                    

Todo semellaba ser o mesmo, todo parecía un sen sentido, un pozo de amargura e tristura do que é imposíbel saír sen axuda. Ao principio escoitaba pasos arredor do pozo, gritaba e gritaba, pero ninguén acudía. Estaba confusa, quedara muda de tanto esforzo? Ou é que todos estaban xordos? Non o sei.
A escuridade inundou os meus ollos, como tamén o fixeron as bágoas. Xa non era consciente de onde estaba, nin tampouco de quen era.
Facía frío, tanto frío que as bágoas transformábanse nun pequeno fío de xeo que poboou as miñas meixelas. Naquel sórdido pozo tamén había un lápis e un pequeno caderno. Coas mans tremendo, collínos e comecei a debuxar. Ao meu redor a escuridade empezou a disiparse, incluso cheguei a amosar un fugaz sorriso, eses lixeiros e rápidos trazos liberábanme daquel maldito pozo, porén, esta sensación foi fugaz, ao igual co meu sorriso. Sen previo aviso, voltou a escuridade, pero esta vez, estaba acompañada por monstruosas siluetas que susurraban cuan inútil era, siluetas que susurraban todo aquilo que sabían que me facía dano. Rendida, non, máis ben derrotada, acurruqueime nunha esquina escoitando todas aquelas acusacións que me lanzaban. Xa non sabía se eran reais ou se tan só eran produto da miña mente que se volvera completamente tola. Levantei a vista e vin un pequeno fragmento de cristal. Estirei o brazo para alcanzalo, e xusto cando o collín, unha insignificante, pero profunda fenda recorreu o meu dedo. Nese mesmo intre, as sombras calmáronse un pouco mentres que a sangue brotaba paulatinamente por aquela ferida. Cando me quixen dar conta, todo o meu brazo estaba cheo de cortes e de sangue, non sei como foi, tan só sei que as voces e as sombras desapareceron mentres que a dor me tiña invadida. Porén, voltaron pouco a pouco, ata alcanzar a intensidade anterior, ou pode que incluso maior. Unha vez máis mirei cara o cristal, pero antes de poder collelo, unha corda descendeu para que subise. Sen pensalo corrín cara ela. Comecei a subir con rapidez, mais cando aínda non estaba nin na metade, recordei as verbas das sombras. Recordei cada palabra acusadora, cada inútil, cada recordo doloroso, e todo semellou ser carente de sentido. De súpeto, a corda escorregouse entre as miñas mans e comecei a caída. A cada metro que descendía, máis velocidade adquiría. Despois, veu o golpe. Todo daba voltas, encontreime máis desorientada, máis asustada, máis doída que ao principio. Non sei canto tempo pasou ata que logrei volver porme en pé, pero debeu ser máis tempo do que son capaz de imaxinar e a pesares disto a corda seguía alí, esperando a que me atrevese a saír do repugnante pozo, pero, e se volvía caír? Sería capaz de levantarme de novo? As monstruosas siluetas comezaron unha vez máis co seu dañino ritual. Sen voz, e xa sen ningunha bágoa que derramar, dirixinme cara o cristal para silencialas dunha vez por todas.

Fariña negraOnde as histórias ganham vida. Descobre agora