X

58 7 0
                                    

O sol escondeuse paulatinamente entre os grotescos e deprimentes edificios como se nunca fixese acto de presenza. O ceo comezouse a ennegrecer, mais nel non apareceu nin unha soa estrela. As rúas desertas de xente estaban iluminadas polas miles de farolas que cubrían cun groso velo amarelo o escuro ceo. Da nada, a esa inmensidade aparentemente baleira, uníronse escuras nubes que co paso do tempo non pudieron evitar chorar. As tenues pingas de auga comezaron a rozar a miña pel, chegando incluso a esbarar pausadamente algunha que outra vez polas miñas xeadas meixelas. Con pasos lentos e pequenos, andaba polas solitarias rúas coa única compañía da dor e do sufrimento que me causaba a miña pobre mente transtornada. A ambos lados da empapada estrada encontrábanse os escaparates que invitaban de xeito incansable cada día a consumir máis e máis. Nunha esquina estaba unha vella farmacia que fora testigo de todos os cambios que sufrira a cidade ao longo dos anos. O seu cativo rótulo verde indicaba de xeito insistente a baixa temperatura daquela aciaga noite. O meu corpo tremía sen parar por culpa da chuvia e do frío como se fose un bimbio movido polo vento. O son das gotas impactando incesantemente contra o frío asfalto cubrían o ruído que producían as monótonas vidas no interior daqueles grises edificios que semellaban ser un cruel bucle sen sentido. Os meus dentes batíanse entre si nun intento inútil de facerme consciente do frío ao que estaba obrigando a sufrir ao meu corpo. Ignorando, e tal vez como unha pequena burla ante estas protestas, encendín un cilindro mortal para que se sumase un novo malestar a longa lista que me asoballaba. Ao instante o veleno invadiu cada pequeno recuncho dos meus maltratados pulmóns. Xa non sentía os pés, os zapatos estaban completamente encharcados. Os meus pasos eran seguidos de cerca por unha sombría silueta que me seguía dende o inicio da constante chuvia. O cigarro consumíase rapidamente, e igual de rápido comecei a atoparme sen forzas. Sen poder evitalo, vinme obrigada a sentarme contra unha paredes dun deses edificios tan monstruosos. As miñas mans que xa estaban vermellas, tremían cunha gran virulencia, sen ser capaz de pronunciar nin unha soa palabra de auxilio que endexamais sería escoitada por aquella xorda cidade, os meus párpados comezaron a cerrarse. Sen apenas poder diferenciar o que había ao meu redor, notei como a sombría silueta se sentaba ao meu carón como se estivese agardando. A sensación de frío que me tiña invadida multiplicouse cando este abriuse camiño ata os meus ósos como se se tratase dun verme que se mete na froita madura.

Fariña negraWhere stories live. Discover now