VII

70 10 2
                                    

A lúa brilaba con intensidade no alto do negro ceo despexado. Non había nin unha soa nube que o manchase. As luces de Portugal miraron como se pousaba con delicadeza un cigarro sobre os meus beizos e como posteriormente se encendía. Asomada na fiestra, dei a primeira calada. Ese fume nocivo descendeu pola miña tráquea ata inundar por completo os meus pulmóns. Houbo unha época na que se rebelaban, pero agora estaban cansos, non importaba cando se resistisen, canto o rexeitasen, o fume entraba unha e outra vez consumíndoos paulatinamente por completo. Agora tan só aceptaban o mal que sufrían. Suspirei e todo o ese repugnante fume escapou con rapidez para acabar disipándose no inmeso ceo. A lúa continuaba brilando, pero como se dunha escena de teatro se tratase, algunhas nubes decidiron entrar no acto. A punta do cigarro iluminouse dun vermello intenso cando dei a segunda calada. Esta vez foi unha calada máis grande, máis pausada, unha calada que consumiu unha parte considerable daquel cilindro mortal. O marmurio do río, o canto dos grilos, o asubiar do vento e o movemento das árbores xeraban un silencio enganoso que non existía, pero era un dos silencios que invadía a nosa vila. Voltou a escapar o fume, mais esta vez xa dei a terceira calada antes de que este desaparecese na inmesidade. O falso silencio seguía inundando todos os pequenos recunchos da vila, pero ese silencio non era o que me molestaba, ao contrario, era o que proporcionaba, xunto co mortal cigarro, un breve intro de tranquilidade. O outro silencio que dominaba a vila era máis perigoso, máis preocupante, máis tóxico aínda que o repugnante fume que descendía pola miña tráquea a cada calada que daba. Este silencio invadía cada parte do ser deixando a consciencia tan confundida, que perdía a noción do sentido. A xente disfrutaba do efecto que causaba, disfrutaban tanto del porque lles aforraba pensar en todo aquilo que os preocupaba, limitándoos a unha vida establecida na que non tiñan que pensar, gustáballes tanto porque sumía a mente nun sono tan profundo do que é practicamente imposíbel sair, pero cando un pé se pon fóra, non hai volta atrás. Sen ter oportunidade de frealo, outro suspiro escapou e cando alcei a vista unha vez máis no ceo,este estaba plagado de oscuras nubes que tapaban á brilante lúa da que xa non quedaba nin rastro. Sen percatarme, a miña consciencia estaba tan asoballada, tan pisoteada, que xa descoñecía en que lugar quedara abandoado o sentido e de que xeito podía atopalo.

Fariña negraWhere stories live. Discover now