IX

80 8 3
                                    

O sangue esbaraba lentamente polas miñas mans ata caer en forma de pequenas pingas ao chan. Cunha menstría propia dunha serpe, colábanse con gran rapidez en cada oco do vello chan de madeira. Na man esquerda seguía estando o maldito coitelo co que lle arrebatara a vida a pobre meniña que estaba no chan. Tiña os ollos abertos, porén, agora xa non expresaban toda esa ledicia e curiosidade que os caracterizaba. Unha profunda fenda recorría todo o seu pequeno pescozo, xa non sangraba, ao principio daba a sensación de que era unha fonte que expulsaba a vida da cativa. Debía ter seis anos. Non sei por que o fixen, ou máis ben, non quero admitir por que o fixen. Cada vez que miraba a esta nena tan inxenua, tan indefensa, miraba a meniña que fora no pasado, era espantoso. Seguro que quería facer grandes cousas, como acabar coa infelicidade, como xa dixen, era inxenua. A medida que avanzase o tempo, todas as súas ilusións, todos os seus soños, veríanse destruídos por unha sociedade na que tan só importan os resultados. Da a sensación de que tento xustificar o que fixen, pero non, non importa o que diga, son unha asasina.
Continueina mirando en silencio, os seus cativos beizos parecían burlarse de min co seu pequeno sorriso. Cada vez que a miraba, parecía dicir que era consciente de toda a desesperación que me estaba producindo o seu cadáver. Podería dicir que perdín o control, que non sabía o que facía, pero sería mentir, sabía a perfección todo o que acontecera, cada mero instante quedara grabado a fogo na miña mente. Non foi un arrebato de tolemia, foi un acto completamente medido, é este feito só aumentaba a miña dor.
O sangue que tiña nas mans comezouse a secar. Cuns pasos lentos, inseguros, dirixínme cara o fregadeiro, pousei o coitelo, e abrín o grifo. A auga comezou a saír sen demasiada potencia, cada vez que miraba o seu fluír, parecíame ver o sangue que saía da gorxa da cativa. Pecheina ao instante, xa non me importaba o sangue das mans. Alexeime do fregadeiro e tamén do cadáver, ata que quedei fronte a fronte cun espello que se encontraba no fondo daquel oscuro habitáculo. Parecía que estaba demacrada, como se definitivamente deixase de ser quen era. Seguín mirando ao espello e pouco a pouco parecía que a miña imaxe comezaba a cambiar. Paulatinamente variou ata transformarse na cativa que un día fun. Estaba sorrindo, pero non un destes sorrisos falsos como os da maioría da xente, non, era un sorriso real, un destes sorrisos que tamén te invitan a sorrir, os meus ollos brilaban con forza, cheos de vida. Unha vez máis a imaxe sofreu unha nova transformación, os meus ollos comezaron a perder esa vitalidade, e o rostro comezouse a desfigurar, ata dar lugar a cara da meniña morta. Sen poder conterme, esnaquicei o espello, facendo que o sangue seco das miñas mans fose sustituído polo que emanaba sen control polas miles de feridas. As pernas comezaron a tremerme con gran virulencia, tanta que tiven que sentarme sobre os pedazos daquel maldito espello. As bágoas comezaron a brotar sen control, sentía que estaba rota, que estaba baleira. Acurrucada no chan, tapei os meus ollos coas mans nun intento inútil de que todo se esfumase, nun intento inútil de borrar todo o que sentía, mais o único que logrei foi que o sangue e as bágoas pasasen a ser un só elemento. Os meus sollozos eran atenuados pola forte chuvia que petaba contra as fiestras. Todo estaba moi escuro. Pasou o tempo, e continuaba chorando, era incapaz de parar, non sei se choraba porque matara a cativa, ou por calquera outra razón que escapaba do meu entendemento. Despois disto, non quería seguir vivindo. Con pasos firmes fun coller o coitelo, e cando estaba a piques de quitarme a vida, vin novamente a meniña afogando no seu propio sangue mentres se revolvía entre insonoras súplicas. Soltei o coitelo, non era capaz, non dese xeito. En silencio pensei en como facelo, tiña que ser rápido, e se podía, era mellor que o fixese nesa funesta habitación, ninguén debía descubrir o meu crimen ata que me quitase a vida. As pingas de chuvia seguían petando fortemente nos cristais sacándome desta maneira do meu ensismamento. Estaba nun séptimo piso e entón vino todo claro.

Fariña negraWhere stories live. Discover now